📄 New blog post: We finished the Chinese release
✕

Anna’s Archive

📚 The largest truly open library in human history. 📈 61,344,044 books, 95,527,824 papers — preserved forever.
AA 38TB
direct uploads
IA 304TB
scraped by AA
DuXiu 298TB
scraped by AA
Hathi 9TB
scraped by AA
Libgen.li 188TB
collab with AA
Z-Lib 77TB
collab with AA
Libgen.rs 82TB
mirrored by AA
Sci-Hub 90TB
mirrored by AA
⭐️ Our code and data are 100% open source. Learn more…
✕ Recent downloads:  
Home Home Home Home
Anna’s Archive
Home
Search
Donate
🧬 SciDB
FAQ
Account
Log in / Register
Account
Public profile
Downloaded files
My donations
Referrals
Explore
Activity
Codes Explorer
ISBN Visualization ↗
Community Projects ↗
Open data
Datasets
Torrents
LLM data
Stay in touch
Contact email
Anna’s Blog ↗
Reddit ↗
Matrix ↗
Help out
Improve metadata
Volunteering & Bounties
Translate ↗
Development
Anna’s Software ↗
Security
DMCA / copyright claims
Alternatives
annas-archive.li ↗
annas-archive.se ↗
annas-archive.org ↗
SLUM [unaffiliated] ↗
SLUM 2 [unaffiliated] ↗
SearchSearch DonateDonate
AccountAccount
Search settings
Order by
Advanced
Add specific search field
Content
Filetype open our viewer
more…
Access
Source
Language
more…
Display
Search settings
Download Journal articles Digital Lending Metadata
Results 1-50 (54 total)
lgli/Xela Arias - Muller e literatura (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
Muller e literatura (Galician, galego) Xela Arias Real Academia Galega, 2021
O traballo recollido no presente volume presentouno Xela Arias no Encontro de escritores galegos e portugueses: muller e literatura celebrado en Santiago de Compostela en 1991 e publicouno Camiño Noia na colectánea Xela Arias, quedas en nós (Xerais, 2004).En palabras de Camiño Noia, no texto Xela “fai unha fonda reflexión sobre o papel da escritora na sociedade galega baseada en experiencias persoais [...]. Ten o valor de expoñer en poucas liñas a súa visión da escrita de mulleres e do feminismo, dándonos sen ocultamentos as bases da súa construción poética. É un texto crítico con persoas e colectivos e, xa que logo, moi valente”.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 0.8MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11058.0, final score: 17511.232
lgli/Autores varios - III Concurso de microrrelatos: relatos gañadores (Galician, galego) (2020, Real Academia Galega).pdf
III Concurso de microrrelatos: relatos gañadores (Galician, galego) Autores varios Real Academia Galega, 2020
A linguaxe converteunos en humanos. Comezamos a falar quizais para comunicar cuestións básicas para a supervivencia, pero tamén para contar e soñar.Durante moito tempo aquelas historias transmitíanse oralmente de xeración en xeración ou morrían tras seren pronunciadas. A escrita rescatounas do esquecemento e facilitou a súa difusión e perdurabilidade. Algunhas das máis fermosas escribíronse dende a Idade Media en galego. Case mil anos despois, esta lingua, a nosa lingua, é o principal sinal de identidade dos galegos e galegas. E tamén un xeito único de contármoslle ao mundo o que queiramos. Calquera historia. De amor e humor, de dor e alegría, de esperanza ou perda, fantástica ou real.Velaquí unha boa mostra desta capacidade: os nove contos premiados entre os máis de setecentos cincuenta presentados ao III Concurso de Microrrelatos que convocamos a Real Academia Galega e PuntoGal. Difundímolos a través da Rede porque o presente de calquera cultura require o dixital. Neste novo espazo amplificamos a nosa voz, a nosa escrita, sen renunciarmos aos espazos de sempre. Neste novo mundo albiscamos novos horizontes para a nosa lingua dende o pracer que sempre proporcionan as pequenas grandes historias que decote moven o mundo.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 0.6MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11053.0, final score: 17510.965
lgli/Patricia Angulo Miró - Emilia Pardo Bazán. A hora dos contos: unidade didáctica. Profesorado (Galician / galego, Spanish) (2020, Real Academia Galega).pdf
Emilia Pardo Bazán. A hora dos contos: unidade didáctica. Profesorado (Galician / galego, Spanish) Patricia Angulo Miró Real Academia Galega, 2020
Sinalarium é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña no que traballa a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para desenvolver actividades e recursos que potencien a dignificación da vida e da obra da escritora coruñesa.Cando falamos da obra literaria de Emilia Pardo Bazán non podemos esquecer a enorme variedade de contos que escribiu ao longo da súa vida: máis de 600 con temáticas tan diferentes como o amor, a terra, as lendas, os costumes, os crimes, as manías e obsesións, o medo, a violencia, a infancia, os animais... Coñecemos a través dos contos da escritora o mundo no que viviu, as viaxes, as lecturas, os faladoiros, as normas de comportamento...Os contos constitúen un dos mais eficaces instrumentos para iniciar as nenas e nenos na lectura. A programación que aquí presentamos ten como obxectivo descubrir, coñecer, interpretar e reinterpretar contos de Emilia Pardo Bazán, acercando as súas historias aos escolares de educación primaria, como un primeiro contacto coa literatura da escritora. Pretendemos que os contos recollidos nesta unidade didáctica penetren na conciencia dos mais novos para que poidan atopar a mensaxe que neles se transmite.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.2MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17510.438
lgli/Autores varios - V Concurso de microrrelatos: relatos gañadores (2022, Real Academia Galega).pdf
V Concurso de microrrelatos: relatos gañadores Autores varios Real Academia Galega, 2022
“A verdade é que o galego se fixo para min”. A confesión de Marina Cabrera Vives na temperá autoficción que se recolle nesta publicación contáxianos con humor a ledicia infantil do achado dun tesouro. Ela descubriu o noso idioma hai dous anos cando chegou a Galicia. E en tan pouco tempo é xa quen ata de crear literatura na lingua nai de adopción.O galego é unha lingua feita para ela, para nós. Para todo un país que construímos día a día os galegos e galegas de nacemento e de acollida. Somos un pobo que quere contarlle ao mundo o que fai, o que sente, aquilo que a fai sorrir e chorar, as cousas que arela e o que é capaz de acadar. E facémolo con voz propia porque herdamos e gozamos dun idioma que nos permite mirar cara ao futuro sen esquecer o pasado. Porque a nosa é a lingua da xente moza que demostra que mantén os pés na terra e un ollar crítico, pero que non renuncia nunca á maxia de facer bailar o Universo.Todo isto é o noso idioma. Todo isto somos nós. Todo isto pódese contar en menos de 200 palabras. Velaquí nove boas probas.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 1.4MB · 2022 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17510.11
Your ad here.
lgli/Autores varios - Cadernos de lingua n. 39 (2022, Real Academia Galega).pdf
Cadernos de lingua n. 39 Autores varios Real Academia Galega, Cadernos de lingua n. 39, 2022
Cadernos de lingua é unha revista de investigación lingüística, que sen renunciar a tratar temas de investigación teórica, pretende centrarse fundamentalmente no estudo de problemas prácticos e de interese xeral.Creouse coa finalidade de informar e orientar os traballadores da lingua e o público en xeral sobre problemas sincrónicos e diacrónicos da lingua galega dunha maneira asequible e facilmente comprensible.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 3.4MB · 2022 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17509.848
lgli/SEMINARIO DE ONOMÁSTICA DA REAL ACADEMIA GALEGA - Os nomes dos concellos da provincia da Coruña (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
Os nomes dos concellos da provincia da Coruña (Galician, galego) SEMINARIO DE ONOMÁSTICA DA REAL ACADEMIA GALEGA Real Academia Galega, Sección de Lingua, La Coruña, 2021
Quen non se preguntou en máis dunha ocasión que significaría o nome do seu concello?, quen llo poría? cando e por que?A presente publicación reúne o traballo do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega para deitar luz sobre o significado do nome dos 93 concellos da provincia da Coruña. Na entrada de cada un destes nomes recompílanse as distintas hipóteses etimolóxicas existentes sobre cada un destes topónimos e proporciónanse as nosas propias teorías sobre a súa orixe e significado.A toponimia é algo que interesa a todos, desde rapaces a vellos, desde a xente da aldea e da costa á da cidade... A publicación destes contidos satisface a curiosidade de moita xente e amplia os coñecementos das novas xeracións sobre a historia do seu municipio. Esta é unha forma de achegar a toponimia á xente, de facela visible, atractiva e útil como ferramenta didáctica no ensino.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.3MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17509.84
lgli/Autores varios - II Concurso de microrrelatos: relatos gañadores (Galician, galego) (2019, Real Academia Galega).pdf
II Concurso de microrrelatos: relatos gañadores (Galician, galego) Autores varios Real Academia Galega, 2019
A lingua é a nosa principal ferramenta de expresión. Empregámola para compartir as ideas e os pensamentos, as arelas e os soños, os compromisos e os feitos. E tamén a identidade. Como galegas e galegos, o idioma de noso dános un lugar no mundo e proxéctanos con personalidade propia alén do noso territorio. Sucede en cada conversa falada, en cada libro, artigo ou apuntamento que plasmamos sobre o papel, en cada xesto que implique a palabra.Acontece así desde hai máis de mil anos na terra que habitamos, pero o futuro da lingua pasa tamén pola conquista do mundo virtual. Este é o obxectivo que levou á Real Academia Galega e á asociación PuntoGal a convocar o concurso de microrrelatos que chega neste 2019 á segunda edición cun novo éxito de participación: preto de 500 textos nas distintas categorías, escritos desde recunchos de todo o mundo.Velaquí os nove gañadores, capaces de dicir moito cada un deles en apenas 200 palabras. Nove microrrelatos de persoas de todas as idades que son herdeiras do mellor da tradición oral da nosa lingua. Porque somos un pobo que sabe contar historias. Arredor da lareira e na Rede.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 0.6MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11053.0, final score: 17509.799
lgli/Autores varios - Boletín da RAG n. 382 (2021, Real Academia Galega).pdf
Boletín da RAG n. 382 Autores varios Real Academia Galega, Boletín da RAG n. 382, 2021
O Boletín da Real Academia Galega (BRAG) é unha publicación anual editada pola Real Academia Galega dende o ano 1906. Dende o ano 2000 está redactada enteiramente en lingua galega. Recolle traballos de investigación centrados en distintos aspectos da lingua, cultura e a literatura galegas, e mais outros contributos arredor da figura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Este Boletín da Real Academia Galega (número 382) dedica unha parte moi importante das súas páxinas á figura e a obra de Xela Arias, igual que no ano anterior o número 381 estivo principalmente dedicado á figura e a obra de Ricardo Carballo / Carvalho Calero. Abrimos cos traballos e semblanzas que se realizaron durante o Simposio dedicado á autora (11, 18 e 25 de novembro). Deseguido reproducimos as alocucións académicas na sesión plenaria extraordinaria do 17 de maio na cidade de Vigo: Ana Romaní, Marilar Aleixandre e Manuel Rivas. E ofrecemos dous traballos científicos, un deles centrado nas figuras de Ayras Nunez, Afonso O Sabio e as Cantigas de Santa María, elaborado polo académico Henrique Monteagudo, e outro de sociolingüística asinado por técnicos especialistas neste seminario da RAG, Gabino S. Vázquez-Grandío e Xaquín Loredo. Como é habitual, o Boletín conclúe cun apartado específico dedicado á vida oficial da institución.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 7.3MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17509.799
lgli/Autores varios - IV Concurso de microrrelatos: relatos gañadores (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
IV Concurso de microrrelatos: relatos gañadores (Galician, galego) Autores varios Real Academia Galega, 2021
Estamos a saír do túnel. Facemos noso o título do microrrelato de Álex Gallego Couñago que tanto nos emocionou para comezar estas palabras de agradecemento a todas as persoas que participaron na última edición do concurso de contos que a Real Academia Galega e PuntoGal convocamos dende o ano 2018 para promover a presenza da lingua e da cultura de noso na Rede.As historias que aquí xuntamos son as nove gañadoras, tan só unha pequenísima parte das preto de 1.600 presentadas nesta ocasión. Son máis do dobre que na anterior, e son todas elas, seguramente, concibidas no medio dunha pandemia para a que comezamos a ver a fin. Saímos do túnel. Esa é a grande historia que este ano nos gustaría contar.Entrementres, privados das apertas e os bicos, atopamos acougo nas palabras que nos dicimos. E nas que lemos e mesmo escribimos. En historias coma estas nove, que agariman e tamén denuncian. Contos que amosan que as novas xeracións non permanecen caladas ante a violencia de xénero, a transfobia, a homofobia ou a desfeita ambiental. Relatos que nos confirman que á lingua galega lle quedan tantas historias por contar como queiramos.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 1.1MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11058.0, final score: 17509.379
Your ad here.
lgli/Patricia Angulo Miró - Emilia Pardo Bazán. O despertar dunha escritora: unidade didáctica. Profesorado (Galician / galego, Spanish) (2020, Real Academia Galega).pdf
Emilia Pardo Bazán. O despertar dunha escritora: unidade didáctica. Profesorado (Galician / galego, Spanish) Patricia Angulo Miró Real Academia Galega, 2020
Sinalarium é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña no que traballa a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para desenvolver actividades e recursos que potencien a difusión da vida e a obra da escritora coruñesa.A través do programa Sinalarium propoñémonos visibilizar a súa figura, achegala aos máis novos e poñer en valor as mulleres como pezas fundamentais na configuración da sociedade galega, de xeito que se recoñeza o seu papel social, artístico e cultural.A programación que aquí vos presentamos, destinada a 1, 2 e 3 de primaria, xira arredor da biografía da escritora coruñesa: unha escritora cuxa maneira de vivir e de pensar está máis preto do noso século que do século XIX en que ela naceu. Coa finalidade de divulgar a súa vida, descubrila e coñecela, dirixímonos a vós, ao profesorado e ao alumnado de educación primaria, para ofrecervos un chisco de Emilia que vos axude a traballar a figura da escritora nas aulas.Estas actividades, pensadas para realizar no interior da escola, poden ser o paso previo á visita da Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Achegan unha visión íntima da escritora, porque sen coñecer a vida é difícil coñecer a súa obra.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.7MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17509.285
lgli/Patricia Angulo Miró - Emilia Pardo Bazán. A hora dos contos: unidade didáctica. Alumnado (Galician / galego, Spanish) (2020, Real Academia Galega).pdf
Emilia Pardo Bazán. A hora dos contos: unidade didáctica. Alumnado (Galician / galego, Spanish) Patricia Angulo Miró Real Academia Galega, 2020
Sinalarium é un proxecto financiado pola Deputación da Coruña no que traballa a Casa-Museo Emilia Pardo Bazán para desenvolver actividades e recursos que potencien a dignificación da vida e da obra da escritora coruñesa.Cando falamos da obra literaria de Emilia Pardo Bazán non podemos esquecer a enorme variedade de contos que escribiu ao longo da súa vida: máis de 600 con temáticas tan diferentes como o amor, a terra, as lendas, os costumes, os crimes, as manías e obsesións, o medo, a violencia, a infancia, os animais... Coñecemos a través dos contos da escritora o mundo no que viviu, as viaxes, as lecturas, os faladoiros, as normas de comportamento...Os contos constitúen un dos mais eficaces instrumentos para iniciar as nenas e nenos na lectura. A programación que aquí presentamos ten como obxectivo descubrir, coñecer, interpretar e reinterpretar contos de Emilia Pardo Bazán, acercando as súas historias aos escolares de educación primaria, como un primeiro contacto coa literatura da escritora. Pretendemos que os contos recollidos nesta unidade didáctica penetren na conciencia dos mais novos para que poidan atopar a mensaxe que neles se transmite.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.2MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17508.852
lgli/Afonso X o Sabio & Paloma Gutiérrez del Arroyo & Manuel Vilas - «Contaria-vos as muy grandes tormentas que sofreu o moço...»: Conmemoración do 800 aniversario do nacemento do rei Afonso o Sabio (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
«Contaria-vos as muy grandes tormentas que sofreu o moço...»: Conmemoración do 800 aniversario do nacemento do rei Afonso o Sabio (Galician, galego) Afonso X o Sabio & Paloma Gutiérrez del Arroyo & Manuel Vilas Real Academia Galega, 2021
A cantiga 115, coas súas 30 estrofas, é coñecida tradicionalmente como a máis extensa do corpus marial afonsino. Nela relátase o milagre dun neno que viaxa durante varios anos buscando a salvación antes da chegada do Demo para levalo consigo, anunciada para ao seu décimo quinto aniversario.Para este concerto, acometeuse o reto de facer atractiva unha peza tan especial coma esta a unha audiencia actual, se cadra non sempre afeita á súa linguaxe, ao contido, á lonxitude da súa narración e á súa melodía estrófica.A Real Academia Galega agradece a colaboración para a elaboración deste programa de man de Ricardo Pichel e da comisión organizadora do Congreso «Contarte he maravillas...». Congreso internacional de estudios medievales hispánicos en honor a Joseph T. Snow (Madrid, 25-29 de outubro de 2021).
Read more…
Galician [gl] · PDF · 11.0MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17508.383
lgli/Xulia Marqués Valea - Toponimia da Pontenova (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
Toponimia da Pontenova (Galician, galego) Xulia Marqués Valea Real Academia Galega, Terra nomeada (Real Academia Galega), A Coruña, 2021
O concello lucense da Pontenova pertence á comarca da Mariña Oriental. Está constituído na actualidade por once parroquias: Bogo, Conforto, A Pontenova, Rececende, Santo Estevo de Rececende, Vilaboa, Vilameá, Vilarmide, Viloudriz, Vilouruz e Xudán.O concello da Pontenova é resultado dun proceso histórico que acada, ben avanzado o século XX, a súa configuración e denominación actuais. A principios do século XIX, o termo municipal estaba dividido en tres concellos, Conforto, Miranda e Vilameá. No proceso de configuración do territorio do actual concello da Pontenova hai que referirse obrigatoriamente a Miranda, á xurisdición e terra de Miranda, topónimo ao que Edelmiro Bascuas lle atribúe un valor orixinariamente hidronímico (< raíz ir-, *er ‘moverse’), radical que compartiría con outros nomes de ríos e lugares como Mera, Mira e Mirós.Xulia Marqués Valea, doutora especialista en toponimia con ampla experiencia en estudos etimolóxicos e recollida de campo e didáctica da onomástica, é a autora do número 7 da colección Terra Nomeada, correspondente á Toponimia da Pontenova. Da súa man, e nesta mesma colección, contamos coa Toponimia de Trabada.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.2MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17508.307
lgli/SEMINARIO DE SOCIOLINGÜÍSTICA DA REAL ACADEMIA GALEGA - Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4º da ESO (Galician, galego) (2020, Real Academia Galega).pdf
Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4o da ESO (Galician, galego) SEMINARIO DE SOCIOLINGÜÍSTICA DA REAL ACADEMIA GALEGA Real Academia Galega, Sección de lingua. Seminario de Sociolingüística, A Coruña, 2020
Este proxecto desenvolveuse durante o curso 2018-2019 e ten como obxectivo presentar os resultados dunha avaliación da competencia bilingüe (i.e. galego e castelán) dos escolares galegos ao finalizar a educación secundaria obrigatoria atendendo ao disposto no Decreto 79/2010 (Disposición adicional 2a).A análise céntrase nas destrezas de produción oral e escrita, por considerar que son as que informan mellor sobre a capacidade comunicativa dos individuos nas dúas linguas oficiais. Complementariamente explórase a competencia léxica e gramatical a través de probas centradas máis en saberes sobre as linguas ca na capacidade para activar eses saberes en contextos comunicativos auténticos.Os resultados obtidos póñense en relación con variables sociodemógraficas, sociolingüísticas e escolares para comprobar o efecto que teñen sobre as diferentes competencias avaliadas. Por último, analízase o perfil competencial dos estudantes e a influencia que tiveron na súa configuración o contexto familiar, pedagóxico e sociolingüístico.
Read more…
Galician [gl] · Spanish [es] · PDF · 4.8MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17507.654
Your ad here.
lgli/Xosé Ramón López Boullón - Toponimia de Ames (Galician, galego) (2019, Real Academia Galega).pdf
Toponimia de Ames (Galician, galego) Xosé Ramón López Boullón Real Academia Galega, Terra nomeada (Real Academia Galega), A Coruña, 2019
A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia. O punto de partida son os núcleos de poboación establecidos no Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, e mais os principais accidentes xeográficos ou lugares característicos da zona (ríos, montes, pontes...). Coñecer a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares.Xosé Ramón López Boullón, o autor do número 5 da colección, correspondente á toponimia de Ames, formou parte do Proxecto Toponimia de Galicia e recolleu a microtoponimia do concello de Ames. É un gran coñecedor e divulgador da toponimia da zona.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 5.2MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17505.805
lgli/Autores varios - Mapa sociolingüístico escolar de Ames (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
Mapa sociolingüístico escolar de Ames (Galician, galego) Autores varios Real Academia Galega, Sección de Lingua, La Coruña, 2021
Este traballo ten como obxectivo proporcionar unha visión da situación sociolingüística nos centros educativos de todas as etapas do concello de Ames, empregando distintas metodoloxías de investigación e integrando a visión dos diferentes axentes sociais implicados. A investigación sobre as dinámicas sociolingüísticas nos ámbitos escolares revélase como unha ferramenta imprescindible non só para comprender mellor a realidade das linguas e as transformacións que están experimentando, senón para implementar políticas lingüísticas eficaces que garantan un futuro florecente para o galego.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 6.9MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17505.338
lgli/Autores varios - Estudos de Onomástica Galega VI. A onomástica e o Camiño de Santiago (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
Estudos de Onomástica Galega VI. A onomástica e o Camiño de Santiago (Galician, galego) Autores varios Real Academia Galega, Sección de Lingua (Seminario de Onomástica (Real Academia Galega), A Coruña, 2021
Co gallo de se celebrar en 2021 o Ano Santo Compostelán, nesta VI Xornada quixemos achegarnos á onomástica do Camiño de Santiago. As perspectivas de estudo foron diversas: comézase pola Idade Media, na época da consolidación do Camiño, cunha achega sobre os cambios nos significados dos corónimos Galicia e España ao longo da historia e outra sobre o valor da toponimia para a crítica textual (neste caso, na transmisión do Códice Calixtino). Céntranse no propio nome de Santiago as dúas seguintes: unha sobre as súas moitas variantes na antroponimia e na toponimia peninsular e a segunda sobre a súa presenza na toponimia americana. Despois, as acostumadas experiencias didácticas, neste caso dúas con base na toponimia dun tramo do Camiño no concello de Ames. Finalmente, unha mesa redonda sobre o estudo da toponimia no Camiño de Santiago en que se conclúe a oportunidade de celebrar un congreso internacional sobre o tema, como corresponde á condición de Galicia de ser a meta do Camiño e á súa posición de liderado nos estudos toponímicos.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.3MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17504.76
lgli/Lidia Gómez Martínez & Luz Méndez - Toponimia de Tordoia (Galician, galego) (2022, Real Academia Galega).pdf
Toponimia de Tordoia (Galician, galego) Lidia Gómez Martínez, Luz Méndez Fernández Real Academia Galega, Sección de Lingua, La Coruña, 2022
Toponimia de Tordoia é unha adaptación do Traballo de Fin de Grao de Lidia Gómez Martínez, dirixido por Ana I. Boullón Agrelo e presentado no ano 2018 na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. A autora formou parte tamén, como técnica do Seminario de Sociolingüística da RAG, de proxectos como Avaliación da competencia bilingüe nos idiomas galego e castelán do alumnado de 4o da ESO (2020) e o Mapa sociolingüístico escolar de Ames (2021). Luz Méndez, académica correspondente e presidenta de AGOn, é autora nesta mesma colección da Toponimia de Agolada.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 10.9MB · 2022 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17503.984
lgli/Rosario Álvarez Blanco - Gramáticos e gramáticas (Galician, galego) (2019, Real Academia Galega).pdf
Gramáticos e gramáticas (Galician, galego) Juan Antonio Saco y Arce; Rosario ÁLvarez Blanco; Real Academia Galega Real Academia Galega, Anexos BRAG, 1, A Coruña, D. L. 2019
En 2018 cumpríronse 150 anos da publicación, en Lugo, na Imprenta de Soto Freire, rúa de San Pedro no 31, da Gramática gallega escrita por don Juan A. Saco Arce (Toén 1835 - Ourense 1881), presbítero e catedrático no Instituto de Segunda Enseñanza de Ourense.A Real Academia Galega non podía deixar de celebrar esta efeméride, para traer ao presente a memoria da figura de Juan Antonio Saco Arce e da espléndida obra elaborada nos inicios da nosa tradición gramatical, en medio dun ermo descritivo da forma de ser a lingua galega.Os lingüistas afirmamos con frecuencia que a Gramática gallega de Saco Arce (1968) é a primeira gramática galega elaborada con criterios científicos e tamén hai consenso sobre o feito de que se trata dunha boa gramática, un milagre na Galicia do seu tempo. Por si mesma esta consideración xa debería abondar para xustificar a lembranza e a homenaxe.Neste libro recollemos os relatorios encargados a diferentes especialistas con olladas complementarias, que se presentaron na xornada de homenaxe ao autor e á súa Gramática gallega, celebrada en Ourense o 22 de novembro de 2018.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 3.2MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17503.26
Your ad here.
lgli/Fernando Cabeza Quiles - Toponimia de Carballo (Galician, galego) (2020, Real Academia Galega).pdf
Toponimia de Carballo (Galician, galego) Fernando Cabeza Quiles Real Academia Galega, Colección Terra nomeada, A Coruña, 2020
A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia, partindo do Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, xunto cos principais accidentes xeográficos da zona. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares.Fernando Cabeza Quiles, o autor do número 6 desta colección, correspondente á toponimia de Carballo, é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, con varios libros e moitos artigos publicados ao longo de máis de trinta anos de labor. Nesta mesma colección é autor de Toponimima da Estrada (2018).
Read more…
Galician [gl] · Spanish [es] · PDF · 2.6MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17503.252
lgli/Antonio Fraguas Fraguas & Ramón Otero Pedrayo - As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Galician, galego) (2019, Real Academia Galega).pdf
As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Galician, galego) Antonio Fraguas Fraguas & Ramón Otero Pedrayo Real Academia Galega, A Coruña, 2019
Discurso lido o día 8 de maio de 1956 no acto da súa recepción polo ilustrísimo señor don Antonio Fraguas Fraguas e resposta do excelentísimo señor don Ramón Otero Pedrayo.A presente edición elaborouse a partir dos mecanoscritos orixinais custodiados no Arquivo da Real Academia Galega.Para facilitar o acceso do público escolar aos textos, estes foron adaptados ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas en 2003.Pódense consultar os manuscritos orixinais na web da Real Academia Galega (academia.gal).
Read more…
Galician [gl] · PDF · 0.5MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11053.0, final score: 17501.54
lgli/Ana Romaní, Margarita Ledo Andión - Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas (Galician, galego) (2019, Real Academia Galega).pdf
Táctil resonancia. Da derrota dun esplendoroso veleiro, as voces flotantes e os cantos das baleas (Galician, galego) Ana Romaní Blanco, Margarita Ledo Andión Real Academia Galega, A Coruña, 2019
Discurso lido no acto da súa recepción pola ilustrísima señora dona Ana Romaní e resposta da excelentísima señora dona Margarita Ledo Andión.O solemne acto académico no que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 6 de abril de 2019 no Teatro Coliseo Noela, de Noia.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 0.6MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11053.0, final score: 17501.492
lgli/Emilia Pardo Bazán - A literatura galega na ollada de Emilia Pardo Bazán (2020, Real Academia Galega).pdf
A literatura galega na ollada de Emilia Pardo Bazán : antoloxía de textos Emilia Pardo Bazán, Manuel González Prieto Real Academia Galega, A Coruña, 2020
O presente traballo é unha colectánea moi significativa de artigos da Pardo Bazán sobre as letras galegas, nomeadamente as do XIX. Boa parte delas tómaas o noso antólogo do libro De mi tierra (1888) ou das páxinas da Revista de Galicia, dirixida pola propia dona Emilia. Outros foron publicados en revistas e xornais pouco accesibles (La Ilustración Artística, Diario de la Marina, La Nación, El Noroeste...). Certamente, os artigos que González Prieto nos ofrece -algúns pouco frecuentados- permítennos coñecer, no esencial, o que dona Emilia pensaba do rexurdir literario de Galicia.Os textos reproducidos, gran parte moi pouco coñecidos, son unha invitación para que nos asomemos con interese a esa parcela da obra literaria de dona Emilia na que esta intelectual galega produciu páxinas moi intelixentes sobre as letras galegas do XIX e comezos do XX.
Read more…
Galician [gl] · Spanish [es] · PDF · 4.2MB · 2020 · 📕 Book (fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17501.492
lgli/Ana Isabel Boullón Agrelo & Ramón Lorenzo Vázquez - Todos os nomes: identidade, pobo, país (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
Todos os nomes: identidade, pobo, país (Galician, galego) Ana Isabel Boullón Agrelo & Ramón Lorenzo Vázquez Real Academia Galega, A Coruña, 2021
Discurso lido no acto da súa recepción pola ilustrísima señora dona Ana Isabel Boullón Agrelo e resposta do excelentísimo señor don Ramón Lorenzo Vázquez.O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 11 de decembro de 2021 no Teatro Cine Elma, na Pobra do Caramiñal.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 1.0MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11058.0, final score: 17500.207
Your ad here.
lgli/Autores varios - Boletín da Real Academia Galega. Núm. 381 (2020): Ricardo Carballo/Carvalho Calero (2021, Real Academia Galega).pdf
Boletín da Real Academia Galega. Núm. 381 (2020): Ricardo Carballo/Carvalho Calero Ricardo Carballo/Carvalho Calero Real Academia Galega, 2021
Neste ano 2020, a Real Academia Galega acordou dedicar o seu día grande, o Día das Letras Galegas, a un autor especialmente significativo do pasado século, figura sobranceira da memoria do galeguismo contemporáneo. O ano 2020 foi o Ano Ricardo Carballo Calero, tamén Carvalho Calero, como el empezou asinar a partir de 1981.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 4.7MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17499.559
lgli/Autores varios - Horas de Compostela: homenaxe da Real Academia Galega a Salvador García-Bodaño (Galician, galego) (2019, Real Academia Galega).pdf
Horas de Compostela: homenaxe da Real Academia Galega a Salvador García-Bodaño (Galician, galego) Autores varios Real Academia Galega, 2019
Salvador García-Bodaño, poeta, narrador, activista a prol da democracia e da lingua e cultura galegas. Fundador de asociacións tan emblemáticas como O Galo, colaborador do Museo do Pobo Galego, da revista Teima, da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, entre outras moitas. Sobre todo poeta.Desde o seu primeiro poemario, Ao pé de cada hora (1967), seguido por Tempo de Compostela (1978), Compostela (1989), Pegadas no alcatrán (1994) a Cantos de Ausencia. Elexías (1959-2002) (2004), a súa palabra traza un itinerario do íntimo. Os seus poemas revelan o interior dos sentimentos e as rutas interiores de Compostela, a cidade para sempre vencellada ao seu nome.Trece poemas, uns cantados, outros recitados por poetas de distintas xeracións, honran nesta plaquette a escrita de Salvador, o seu compromiso cívico e poético.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 3.6MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17499.559
lgli/Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega - Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
Ideas para un plurilingüismo dende o galego no concello de Ames (Galician, galego) Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega Real Academia Galega, 2021
As transformacións das últimas décadas esixen cada vez máis da cidadanía a diversificación das súas destrezas lingüísticas, pero tamén unha predisposición favorable á crecente pluralidade da nosa sociedade que lle permita adaptarse a este novo marco de convivencia. Nesta realidade dinámica e cambiante, o modelo lingüístico do sistema educativo debe atender ás novas necesidades dos e das falantes, á vez que servir como vehículo de integración da súa diversidade.Nun contexto social coma o de Ames, no que estas dinámicas se fan sentir aínda máis por mor da urbanización crecente e do impacto da inmigración na súa demografía, cómpre facer unha reflexión sobre a xestión lingüística desenvolvida nos centros educativos de cara á construción dunha proposta de plurilingüismo favorable á nosa lingua e respectuosa cos seus falantes, pero tamén acolledora para esta nova veciñanza e útil para o futuro do alumnado.O obxectivo desta guía é contribuír a esta reflexión analizando a situación sociolingüística local, facendo algunhas aclaracións conceptuais ao redor da proposta europea para o plurilingüismo e recollendo algunhas consideracións de cara á planificación lingüística nos centros educativos.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 1.5MB · 2021 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17499.164
nexusstc/Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego/e463cc355e32811d643c67a3206144c4.pdf
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego Real academia galega; Instituto da lingua galega (Saint Jacques de Compostelle, Espagne) Real Academia Galega : Instituto da Lingua Galega, 20, 2005
Galician [gl] · PDF · 1.1MB · 2005 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/lgrs/nexusstc/zlib · Save
base score: 11052.0, final score: 17498.254
nexusstc/Saudades de Valdeorras/70ce8aad4d7428ad108e8c96120ef5fc.pdf
Saudades de Valdeorras Florencio Delgado Gurriarán Real Academia Galega, 2022
O 5 de Nadal de 1980 rexístrase na secretaría da Real Academia Galega un escrito asinado polos académicos numerarios Valentín Paz-Andrade, Francisco Fernández del Riego e Xulio Francisco Ogando Vázquez no que se propón a Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo de Valdeorras, 1903) como académico correspondente desta institución en México. Na proposta salientan os académicos a súa condición de “inspirado poeta e patricio insiñe” e subliñan o seu compromiso coa lingua, a cultura e mesmo a dignidade política de Galicia naquelas terras americanas, en anos e circunstancias ben difíciles, protagonizando iniciativas que forman parte desa Galicia infinda da que el tanto falaba, capítulos moi cualificados da nosa historia contemporánea.Nesta data sobranceira do 17 de maio de 2022, Día das Letras Galegas, reproducimos o discurso íntegro que o poeta redactou para aquela outra xornada de setembro de 1981, na súa recepción simbólica como académico correspondente e como membro fundador do Instituto de Estudos Valdeorreses.O solemne acto no que foi lido o discurso de Florencio Delgado Gurriarán recollido no presente volume celebrouse o 6 de setembro de 1981 no Casino do Barco de Valdeorras.Esta edición elaborouse a partir do mecanoscrito orixinal custodiado na Real Academia Galega.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 0.6MB · 2022 · 📗 Book (unknown) · 🚀/nexusstc/zlib · Save
base score: 11050.0, final score: 17498.139
Your ad here.
nexusstc/Toponimia da Estrada/77d37d9c622ff3f5c347f6566cbe3f7e.pdf
Toponimia da Estrada Fernando Cabeza Quiles Real Academia Galega, 1, 2018
A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia, partindo do Nomenclátor publicado pola Xunta de Galicia en 2003, xunto cos principais accidentes xeográficos da zona. Saber cal é a motivación e o significado dos nomes dos sitios onde vivimos e de onde vimos, onde naceron os nosos devanceiros e que acollerán os nosos fillos, faranos máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas. Significará identificármonos mellor como sociedade e como pobo e tamén como individuo, pois todos temos a nosa propia vinculación sentimental cos nosos lugares.Fernando Cabeza Quiles, o autor do número 4 desta colección, correspondente á toponimia da Estrada, é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, con varios libros e moitos artigos publicados ao longo de máis de trinta anos de labor.
Read more…
Galician [gl] · Italian [it] · PDF · 16.7MB · 2018 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/nexusstc/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17497.867
nexusstc/Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego/b44038be3ee000d5113ee67134e58eb9.pdf
Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego Real Academia Galega REAL ACADEMIA GALEGA, INSTITUTO DA LINGUA GALEGA, Sección de lingua, 23ª ed, Santiago de Compostela, 2012
Galician [gl] · PDF · 0.8MB · 2012 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/lgrs/nexusstc/zlib · Save
base score: 11052.0, final score: 17497.537
ia/actitudeslinguis0001unse.pdf
Actitudes lingüísticas en Galicia : compendio do III volume do mapa sociolingüístico de Galicia Manuel González González; Mauro Fernández; Modesto A Rodríguez Neira; Lucía Domínguez Seco; Real Academia Gallega Seminario de sociolingüística Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística, La Coruña, DL 1996
562 p : 24 cm
Read more…
Galician [gl] · PDF · 24.8MB · 1996 · 📗 Book (unknown) · 🚀/ia · Save
base score: 11063.0, final score: 17497.486
lgli/F:\twirpx\_15\_5\1339416\gonzalez_gonzalez_m_ed_o_galego_segundo_a_mocidade.pdf
O galego segundo a mocidade (Traballo de investigación) González González M. (Ed.) Real Academia Galega, A Coruña [i.e. La Coruña, Spain, 2003
A Coruña: Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega, 2003. — 216 p. Como resultado de varios anos de investigación, o Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega publicou o volume titulado O galego s egundo a mocidade. Unha síntese introdutoria que define o obxecto do libro aparece baixo o subtítulo: a chega ás actitudes e discursos sociais baseada en técnicas experimentais e cualitativas. Os seus autores, investigadores con competencia en diversas disciplinas como psicoloxía, socioloxía ou lingüística, mergúllanse, pois, no complexo mundo da análise das actitudes lingüísticas que os falantes novos manifestan sobre o galego.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 6.3MB · 2003 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/lgrs/nexusstc/zlib · Save
base score: 11060.0, final score: 17497.236
nexusstc/Como un mascato ergueito: homenaxe da Real Academia Galega a Bernardino Graña/394e87620f12d8a0e640226e284ddf1f.pdf
Como un mascato ergueito: homenaxe da Real Academia Galega a Bernardino Graña Bernardino Graña Real Academia Galega, 2022
Liméns, Aldán, Punta Balea, Nerga, Os Castros, Cangas, Areamilla, Areabrava, Barra, Coiro, Donón... Dende Cabo Home vemos as Cíes e dende Beluso, as Ons... Velaquí a paisaxe, que recende a marusía, argazo, bocho e verdello. O cheiro a brea dos botes. A música dos estrobos na vogada. O vento nas velas... Celebramos hoxe o noso poeta e celebramos a súa ollada luminosa sobre o mundo, dende os salseiros das rías ás sentinelas de Cabo Estai, Punta Udra, Punta de San Vicenzo, Sálvora e onde queira que o mar nos leve, coma na música dos cancioneiros medievais, nos versos de Manuel Antonio, nas cantigas mariñeiras das tabernas de caíño, espadeiro e tintafemia, co gato axexando detrás das pipas.Xosé María Álvarez Cáccamo, Lucía Novas, Alexandre Ripoll, Ana Romaní, Alexandre Nerium, Marta Dacosta Alonso, Ramón Lorenzo, Elvira Ribeiro Tobío, Héitor Mera, Miro Villar e Xesús Alonso Montero, que compartiu de neno pupitre escolar con Bernardino, celebramos o mar e a súa profecía. Celebramos o poeta, Bernardino Graña. Tal é a razón da festa que nos convoca.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 0.9MB · 2022 · 📗 Book (unknown) · 🚀/nexusstc/zlib · Save
base score: 11055.0, final score: 17496.826
Your ad here.
lgli/Emilia Pardo Bazán - A educación do home e da muller e outros escritos feministas (Galician, galego) (2021, Real Academia Galega).pdf
A educación do home e da muller e outros escritos feministas (Galician, galego) Emilia Pardo Bazán Real Academia Galega, 1, 2021
Emilia Pardo Bazán definiuse a si mesma como “radical feminista”, utilizando abertamente o termo. Reivindicou todos os dereitos para as mulleres, denunciou os mullericidios —creando esta palabra—; criticou as discriminacións, da dobre moral sexual á prohibición de fumar; da negativa a permitirlles ás mulleres exercer traballos ben remunerados; á exclusión das academias; exerceu a súa liberdade como muller. Foi máis alá da esixencia de dereitos e a denuncia das exclusións sufridas polas mulleres: elaborou unha construción teórica, identificando os alicerces ideolóxicos da discriminación e algúns dos mecanismos polos que se exerce, o que hoxe chamamos patriarcado.Este libro recolle, no ano do seu centenario, un dos seus ensaios máis relevantes sobre feminismo, traducido ao galego, “A educación do home e a da muller”, e mais sete artigos de prensa, co obxectivo de contribuír ao coñecemento das ideas feministas de Emilia Pardo Bazán, que seguen de actualidade.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 1.6MB · 2021 · 📕 Book (fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17496.658
lgli/Antonio Fraguas Fraguas & Ramón Otero Pedrayo - As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán [orixinais mecanoescritos] (Galician, galego) (2019, Real Academia Galega).pdf
As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade. Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán [orixinais mecanoescritos] (Galician, galego) Antonio Fraguas Fraguas & Ramón Otero Pedrayo Real Academia Galega, 2019
Discurso lido no acto da súa recepción polo ilustrísimo señor don Antonio Fraguas Fraguas e resposta do excelentísimo señor don Ramón Otero Pedrayo.O solemne acto académico no que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 8 de maio de 1956 no Salón de Actos da Real Academia Galega.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 8.4MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17495.82
lgli/Autores varios - Cadernos de lingua. Núm. 38 (2020) (2021, Real Academia Galega).pdf
Cadernos de lingua. Núm. 38 (2020) Autores varios Real Academia Galega, Cadernos de lingua. Núm. 38, 2020
Galician [gl] · PDF · 3.4MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11060.0, final score: 17495.752
lgli/Patricia Angulo Miró - Emilia Pardo Bazán. O despertar dunha escritora: unidade didáctica. Alumnado (Galician / galego, Spanish) (2020, Real Academia Galega).pdf
Emilia Pardo Bazán. O despertar dunha escritora: unidade didáctica. Alumnado (Galician / galego, Spanish) Patricia Angulo Miró Real Academia Galega, 2020
Galician [gl] · PDF · 2.3MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11060.0, final score: 17495.234
nexusstc/Estudo crítico das Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego/c6a8116f00bf50ef931f9b5c19514dd8.pdf
Estudo Crítico Das Normas Ortográficas E Morfolóxicas Do Idioma Galego: (instituto Da Lingua Galega-real Academia Galega, 1982) Associaçom Galega da Língua (AGAL) : Comissom lingüistica Associaçom Galega da Língua (AGAL), Comissom Lingüística, Universalia -- 2, 2. ed. corr. e acres., [La Coruña], Spain, 1989
Includes Index. Bibliography: P. 165-169.
Read more…
Galician [gl] · Portuguese [pt] · PDF · 9.9MB · 1989 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/lgrs/nexusstc/zlib · Save
base score: 11060.0, final score: 17493.484
Your ad here.
lgli/Autores varios - Estudos de Onomástica Galega IV: os nomes das rúas (Sección de Lingua. Seminario de Onomástica) (Galician, galego) (2019, Real Academia Galega).pdf
Estudos de Onomástica Galega IV: os nomes das rúas (Sección de Lingua. Seminario de Onomástica) (Galician, galego) Autores varios Real Academia Galega, 1, 2019
Os nomes das rúas serven para orientarse nas vilas e cidades e tamén para organizar os territorios urbanos. Pero tamén adquiren unha moi importante carga simbólica e constitúen parte da paisaxe lingüística que acompaña aos habitantes acotío. Os cambios que ocorren nas guías das rúas e as novas eleccións de nomes coa expansión das zonas urbanas obedecen en moitas ocasións a razóns conmemorativas e acaban sepultando os nomes anteriores. Neste volume préstase atención a todos estes procesos, un campo de estudo moi pouco tratado en Galicia, e ademais quérese pór o foco na necesidade da preservación da toponimia tradicional por parte dos poderes públicos, neste caso os concellos, responsables dos nomes urbanos.Amais de ofrecer un panorama dos nomes das rúas de Pontevedra, Vigo, A Coruña e Lalín, explícase a formación histórica das rúas tradicionais de Gondomar e Santiago e a modificación dos nomes desta última cidade desde o punto de vista da memoria histórica. Tamén se ofrecen modelos de experiencias pedagóxicas desenvoltas nos concellos de Ribadeo e Valga. Finalmente, a Real Academia Galega propón, en conxunción coa Asociación Galega de Onomástica, a sinatura dunha declaración cos concellos para ofrecer unhas pautas que faciliten a ampliación dos espazos urbanos e manteñan asemade a toponimia, parte esencial do patrimonio inmaterial do noso pobo.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.7MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17489.38
nexusstc/Unha galega filla en Buenos Aires/c67e505965c76315ccf2c165bc6b183b.pdf
Unha galega filla en Buenos Aires María Rosa Lojo & Víctor Fernández Freixanes Real Academia Galega, A Coruña, 2022
Discurso lido o día 28 de setembro de 2022 no acto da súa recepción, pola excelentísima señora dona María Rosa Lojo e resposta do excelentísimo señor don Víctor Fernández Freixanes O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o 28 de setembro de 2022 no salón de actos da Real Academia Galega. A académica de honra aborda no seu discurso o estudo dos estereotipos galegos no seu país natal e as súas transformacións, deténdose na emigración, o exilio e os espazos simbólicos e a súa influencia na identidade arxentina.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 0.6MB · 2022 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/nexusstc/zlib · Save
base score: 11050.0, final score: 17489.0
lgli/Carballo Calero, Ricardo & Otero Pedrayo, Ramón - Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo (Galician, galego) (2020, Real Academia Galega).pdf
Polos camiños das horas: Epistolario de Ricardo Carballo Calero e Ramón Otero Pedrayo (Galician, galego) Carballo Calero, Ricardo & Otero Pedrayo, Ramón Real Academia Galega, 1, 2020
O presente volume é algo máis ca un epistolario. Iníciase este o 30 de abril de 1949 cunha carta de Carballo Calero, que residía en Ferrol desde 1941, data na que saíu do cárcere de Santa Úrsula (Xaén). Este dato debe lerse en clave dramática: o escritor Ricardo Carballo Calero, amigo e camarada de Ramón Otero Pedrayo anos antes do 36, non tivera relación con el durante un longo período de oito anos (1941-1949). Por fin, os dous vellos galeguistas, os dous intelectuais que se admiraban mutuamente, encóntranse, despois de trece anos, en Ferrol.A publicación deste volume permite achegarnos un pouco máis a dúas personalidades senlleiras da cultura galega a través dun diálogo inter pares recollido en 167 documentos escritos durante vinte e seis anos. A historia dunha relación entre dous amigos que se respectaban, admiraban e querían.O intercambio epistolar entre Ramón Otero Pedrayo e Ricardo Carballo Calero sérvenos para coñecer de primeira man a situación entre 1949 e 1974 na Editorial Galaxia, a Universidade de Santiago de Compostela ou a Real Academia Galega, mais tamén para acceder a aspectos máis persoais das súas biografías ou mesmo a súa implicación en proxectos culturais.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.8MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17488.281
lgli/Ricardo Carballo Calero, Ramón Otero Pedrayo - Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (Galician, galego) (2020, Real Academia Galega).pdf
Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (Galician, galego) Ricardo Carballo Calero, Ramón Otero Pedrayo Real Academia Galega, A Coruña, 2020
Discurso lido o día 17 de maio de 1958 no acto da súa recepción, polo ilustrísimo señor don Ricardo Carballo Calero e resposta do excelentísimo señor don Ramón Otero Pedrayo.O solemne acto académico no que foron lidos os dous discursos recollidos no presente volume celebrouse o 17 de maio de 1958 no salón de actos do Pazo Municipal da Coruña.Esta edición elaborouse a partir da orixinal publicada no ano 1959 por Ediciones Celta (Lugo).Para facilitar o acceso do público escolar aos textos, estes foron adaptados ás Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas en 2003.
Read more…
Galician [gl] · Spanish [es] · PDF · 1.1MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11058.0, final score: 17485.627
lgli/Autores varios - Estudos de Onomástica Galega V. Os nomes comerciais (Galician, galego) (2020, Real Academia Galega).pdf
Estudos de Onomástica Galega V. Os nomes comerciais (Galician, galego) Autores varios Real Academia Galega, La Coruña, 2020
Os nomes comerciais (brand names en inglés) constitúen unha das pólas da onomástica que ata agora non gozou de moi consideración. Na Xornada de Onomástica Galega de 2020 quíxose facer unha reflexión sobre as tendencias de nominación dos establecementos e produtos comerciais e sobre o seu papel na normalización lingüística. Examináronse algúns dos sectores implicados, o valor das marcas galegas, as estratexias de marketing empregadas e as oportunidades pedagóxicas que ofrece este material para traballar na aula.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 4.9MB · 2020 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17485.375
Your ad here.
lgli/Héctor M. Silveiro Fernández & Antonio Fernández y Morales - Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí (Galician / galego, Spanish) (2019, Real Academia Galega).pdf
Cartas e composiciois autógrafas de Antonio Fernández Morales a Mariano Cubí (Galician / galego, Spanish) Héctor M. Silveiro Fernández & Antonio Fernández y Morales Real Academia Galega, Anexos BRAG, 2, A Coruña, D.L. 2019
Esta edición das primeiras composiciois inéditas de Antonio Fernández Morales en galego do Bierzo forma parte da recuperación, estudo e difusión dunha correspondencia dos anos 1847-1848 do autor que iniciamos con motivo do seu bicentenario.Pretende destacar o seu valor para a literatura galega contemporánea, especialmente para as investigaciois sobre a etapa denominada do Rexurdimento (ou tamén da Rexeneración). Efectivamente estas cartas, dirixidas ao filólogo catalán Mariano Cubí e Soler, adquiren unha forte compoñente literaria e permítennos de xeito sorprendente observar en detalle o proceso de creación dos Ensayos poéticos en dialecto berciano (1861), obra máis representativa de Fernández Morales, a singular participación do Bierzo nun movemento literario que non se prodiga en textos deste tipo nos seus primeiros momentos.Estas cartas, as creaciois poéticas e anotaciois que inclúen conforman, pois, un legado inaugural de importancia excepcional para un coñecemento integral de dito movemento, tendo en conta que ata o 2017 permanecía totalmente descoñecido. A transcrición que se presenta vén acompañada dun breve limiar que se axunta como un primeiro paso previo a unha investigación de maior envergadura que contribúa á plena e xusta incorporación do galego do Bierzo á Historia da lingua e da literatura galegas.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 4.8MB · 2019 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17485.375
ia/usoslinguisticos0002unse.pdf
Usos lingüísticos en Galicia : compendio do II volume do mapa sociolingüístico de Galicia Fernández Rodríguez, Mauro A; Rodríguez Neira, Modesto A; Domínguez Seco, Lucía; Real Academia Gallega (La Coruña, Spain) [Vigo] : Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística, [Vigo], Spain, 1995
364 p. : 25 cm, \"Addenda a Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia : compendio do I volume do Mapa sociolingüístico de Galicia\" ([10] p.) inserted, Includes bibliographical references
Read more…
Galician [gl] · PDF · 18.1MB · 1995 · 📗 Book (unknown) · 🚀/ia/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17484.447
nexusstc/Estudos de Onomástica Galega III. Os alcumes/08e0d5e142191298f1c69bdac65c57f7.pdf
Estudos de Onomástica Galega III : os alcumes ; xornada de estudo Pontevedra, 20 de outubro de 2018 Ana Isabel Boullón Agrelo (Ed.) & Autores varios Real Academia Galega, Sección de Lingua (Real Academia Galega), A Coruña, 2018
Os alcumes constitúen unha parte importante da antroponimia non oficial, aínda que, igual cós apelidos, están ligados á familia e adoitan transmitirse de xeración en xeración. En Galicia teñen vitalidade especialmente en ámbitos vilegos e rurais, pero, ao iren mudando os modos de vida, están comezando a minguar. Ademais, como non se consignan nos rexistros, faise necesario traballo de campo en cada zona para recadalos.Esta xornada proponse deitar luz sobre eles desde diversas perspectivas: a antropoloxía, os seus inicios na Idade Media, a caracterización lingüística, a súa fixación nos apelidos e unha proposta didáctica baseada nunha área de Pontevedra, A Moureira. Ademais, examinaranse os xentilicios festivos e a escolla dos nomes dos editores da Wikipedia.A maiores do núcleo temático central, a xornada pretende mostrar algunhas vías multidisciplinares do estudo da onomástica e a súa utilidade en a ́reas distantes entre si: os estudos literarios, a botánica e a historia medieval.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 3.8MB · 2018 · 📗 Book (unknown) · 🚀/nexusstc/zlib · Save
base score: 11063.0, final score: 17482.451
lgli/F:\twirpx\_15\_5\1338805\gonzalez_gonzalez_m_ed_mapa_sociolinguistico_de_galicia_2004.pdf
Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. III: Actitudes lingüísticas en Galicia González González M. (Ed.) Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística, A Coruña, 2007-<2008>
A Coruña: RAG, 2011. — 509 p. O presente volume do Mapa sociolingüístico de Galicia 2004 (en diante, MSG-04) está dedicado ás actitudes cara ás linguas en Galicia. É a terceira publicación monográfica dos resultados das enquisas sociolingüísticas realizadas a finais do ano 20041 sobre unha ampla mostra da poboación galega. Nas situacións onde coexisten nun mesmo espazo social diferentes linguas, o coñecemento das actitudes cara a elas ten un grande interese e reflicte o afecto que suscitan e o significado simbólico que se lles atribúe. As actitudes lingüísticas ademais axudan a interpretar as tendencias que se producen noutros planos como o das competencias ou o dos usos lingüísticos, pois é coñecido que o afecto, opinión e motivacións cara a unha lingua adoita influír na conduta lingüística. Así mesmo, o coñecemento sobre as actitudes lingüísticas é útil para unha orientación atinada das actuacións no eido da planificación lingüística. Neste traballo móstranse os resultados da medición directa das actitudes lingüísticas e doutros construtos relacionados como son as opinións, as predisposicións motivacionais e os estereotipos. Os contidos da monografía organízanse en dúas seccións diferenciadas: 1) unha Introdución Teórica na que se presentan os conceptos fundamentais relacionados con este eido de estudo, o marco teórico xeral no que se sitúa a investigación así como a análise diacrónica da investigación realizada sobre o fenómeno actitudinal en Galicia, e 2) o Estudo Empírico organizado coa estrutura convencional dun informe científico (i. e., obxectivos, metodoloxía, resultados, conclusións e discusión). Dentro da Introdución Teórica, nun primeiro capítulo, delimítase o concepto de actitude e doutros construtos afíns como as opinións, as predisposicións motivacionais ou os estereotipos. Así mesmo, analízanse as consideracións teóricas e metodolóxicas que cómpre ter en conta para a medida das actitudes explícitas, coméntanse os principais procedementos para a medición das actitudes lingüísticas e revísanse os estudos realizados en Galicia sobre este tema. O Estudo Empírico, pola súa parte, está conformado por catro achegas ao fenómeno actitudinal sobre as linguas en Galicia desde a perspectiva cuantitativa: 1. As opinións sobre as linguas en Galicia en relación ao seu papel como elementos de identificación colectiva, á evolución do seu uso e ao proceso da súa normalización nos usos sociais. 2. As predisposicións motivacionais dos enquisados cara ao uso das linguas en diferentes contextos. 3. As actitudes lingüísticas instrumentais e experienciais cara ao galego, o castelán e os usos bilingües. 4. Os estereotipos cara aos galegos e os españois e a súa relación coa lingua habitual. Trala presentación dos resultados desas catro achegas complementarias, no último capítulo ofrécese unha síntese das principais conclusións que se derivan deste traballo e a discusión dos resultados en relación aos obtidos en estudos previos.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 18.0MB · 2007 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/lgrs/nexusstc/zlib · Save
base score: 11060.0, final score: 17480.822
lgli/F:\twirpx\_15\_5\1338807\gonzalez_gonzalez_m_ed_mapa_sociolinguistico_de_galicia_2004.pdf
Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. I: Lingua inicial e competencia lingüística en Galicia González González M. (Ed.) Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística, Mapa sociolingüístico de Galicia 2004, A Coruña, 2007
A Coruña: RAG, 2007. — 309 p. Introdución Un dos trazos máis característicos das sociedades modernas é o seu dinamismo. As linguas son produto da actividade humana e non só están determinadas por ela, senón que acaban refl ectíndoa na súa organización interna, no uso que delas fai a comunidade e no status que lles confi re. A rapidez e facilidade coa que muda a situación das linguas na sociedade, especialmente nas que concorren varios idiomas, fai necesaria unha revisión periódica da mesma, para coñecer as tendencias dos cambios e intervir neles. Tendo en conta o carácter dinámico das situacións sociolingüísticas e que nos últimos anos se produciron cambios importantes na sociedade galega, cumpría unha nova sondaxe sociolingüística que proporcionase información fi able e signifi cativa da situación actual e da magnitude e natureza dos cambios ocorridos nos últimos anos. Transcorrido xa máis dun decenio da aplicación da enquisa que forneceu os datos para a elaboración do primeiro mapa sociolingüístico de Galicia (en diante MSG-92), realízase esta nova pescuda (en diante MSG-04) que debe servir para avaliar os logros das políticas lingüísticas levadas a cabo na última década e servir de guía para intervir naqueles ámbitos nos que se requira corrixir erros, mellorar resultados e deseñar procesos de intervención acaídos á nova realidade. Consonte o dito, a investigación que aquí se presenta persegue unha dobre fi nalidade: facer unha diagnose da actual situación sociolingüística galega comparándoa coa refl ectida no MSG-92, e sentar as bases para futuras accións de cara á normalización do galego.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 7.7MB · 2007 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/lgrs/nexusstc/zlib · Save
base score: 11060.0, final score: 17479.414
Your ad here.
lgli/F:\twirpx\_15\_5\1338816\gonzalez_gonzalez_m_ed_mapa_sociolinguistico_de_galicia_2004.pdf
Mapa sociolingüístico de Galicia 2004. Vol. II: Usos lingüísticos en Galicia González González M. (Ed.) Real Academia Galega, Seminario de Sociolingüística, A Coruña, 2007-<2008>
A Coruña: RAG, 2009. — 588 p. Introdución Esta nova achega do Mapa Sociolingüístico de Galicia 2004 (en diante MSG-04) céntrase nos usos lingüísticos, dimensión que resume a información máis importante e significativa dun diagnóstico sociolingüístico. Mediante o estudo dos usos lingüísticos pódese cuantificar o número de falantes dunha determinada lingua e observar a súa distribución xeográfica e social. Ao mesmo tempo, nas situacións de linguas en contacto, o uso reflicte o status que se lle atribúe a cada lingua e suxire cal é a orientación das actitudes lingüísticas dunha poboación. Como se advirte no Mapa Sociolingüístico de Galicia 1992 (en diante MSG-92), . é a frecuencia de usos de cada sistema ao longo da vida dun mesmo individuo en diferentes condicións sociosituacionais o indicador máis fiable do seu abano de funcións no seo da comunidade (Seminario de Sociolingüística RAG, 1995: 66). Por outro lado, os usos lingüísticos tamén poden dar información sobre a esfera das competencias, dada a coñecida relación entre o uso dunha lingua e o seu maior coñecemento, por non falarmos doutros factores importantes como a identidade, a seguridade lingüística, os prexuízos cara ás linguas, a converxencia cara ao interlocutor, a identificación co grupo, etcétera. Conscientes da relevancia desta dimensión na procura dun diagnóstico sociolingüístico con utilidade prospectiva, o cuestionario do MSG-04 ten unha parte importante de ítems centrados nos usos lingüísticos da poboación galega. Incorporáronse preguntas referidas ao ámbito das TIC e outras destinadas a recoller, ademais da lingua do entrevistado cos membros da súa rede, a lingua destes con el, adoptando un enfoque baseado na natureza bidireccional dos intercambios comunicativos. No presente volume analízase o uso lingüístico e a súa evolución desde a anterior sondaxe do MSG- 92. Preséntanse os datos xerais do ítem referido á lingua habitual, e de seguido, compáranse eses datos cos do MSG- 921. Analízanse as relacións significativas entre variables sociolingüísticas e sociolóxicas e a lingua habitual, para o que se aplicaron análises bivariantes e se crearon tres modelos multidimensionais que definen os principais perfís de falantes conforme a súa caracterización sociodemográfica, sociolingüística e ideolóxica. Estúdanse os usos lingüísticos nos diferentes ámbitos sociais e, na medida do posible, compáranse estes datos cos do MSG- 92. Aínda que a perspectiva adoptada neste estudo se baseou na análise da situación da variedade oral, afróntase tamén o uso na escrita. Consonte o dito, a investigación que aquí se presenta persegue unha dobre finalidade: ofrecer unha diagnose da actual situación sociolingüística galega e comparala coa reflectida no MSG- 92. Aínda que se procurou controlar aqueles factores que podían influír na comparación (homologación das mostras por idade, diferente enunciado dalgúns ítems etc.) para facer esta o máis fiable posible, os resultados deben interpretarse como tendencias da evolución dos fenómenos estudados e dentro dos límites que impón a comparación dos feitos sociais. Os resultados, á parte de contribuír a coñecer os logros das políticas lingüísticas aplicadas neste período, deben ser unha referencia para futuras intervencións naqueles ámbitos nos que se requira corrixir erros, mellorar resultados e deseñar procesos de intervención acaídos á nova realidade.
Read more…
Galician [gl] · PDF · 2.8MB · 2007 · 📘 Book (non-fiction) · 🚀/lgli/lgrs/nexusstc/zlib · Save
base score: 11060.0, final score: 17473.768
Previous 1 2 Next
Previous 1 2 Next
Anna’s Archive
Home
Search
Donate
🧬 SciDB
FAQ
Account
Log in / Register
Account
Public profile
Downloaded files
My donations
Referrals
Explore
Activity
Codes Explorer
ISBN Visualization ↗
Community Projects ↗
Open data
Datasets
Torrents
LLM data
Stay in touch
Contact email
Anna’s Blog ↗
Reddit ↗
Matrix ↗
Help out
Improve metadata
Volunteering & Bounties
Translate ↗
Development
Anna’s Software ↗
Security
DMCA / copyright claims
Alternatives
annas-archive.li ↗
annas-archive.se ↗
annas-archive.org ↗
SLUM [unaffiliated] ↗
SLUM 2 [unaffiliated] ↗